Rúa de San Pedro: conversaciones con varios vecinos
Unha vez máis a “Rúa de San Pedro” está en obras e gustaríanos que se cambiasen certas cousas. Moito falamos entre nós da complicada problemática e os diversos intereses que viran ao redor desa emblemática rúa. Varios de nós fomos a transitar polo barrio e comprobar “in situ” solucións alternativas á proposta polo Concello. Tamén xurdiron de maneira espontánea conversacións con varios veciños. Falamos co propietario da tenda “Velocípedo”, o cal ten unha opinión moi xuiciosa e ao noso entender debería ser oída polo Concello.