Política

Bicifestación! Promoción, Intraestrutura e Ordenanza

Convocamos unha bicifestación para reivindicar a mobilidade sustentable convocados pola Asociación Cívica Composcleta. Para pedir o compromiso e a acción do políticos do Pazo de Raxoi en prol dunha mobilidade alternativa ao coche. Queremos reclamar especialmente a defensa dos usuarios máis vulnerables no espazo público: os que camiñan e os que pedalean. Esta cidade ten unha débeda histórica con eles porque o abafante supremacismo do tráfico motorizado que foi, durante moitos anos, a guía fundamental no deseño dos espazos de tránsito en Compostela.

Continuar lendo

Plan de Movilidad Urbana Sostenible de Santiago de Compostela

Despois de dar moitas voltas e solicitalo a varias persoas e institucións ao fin temos o Plan de Movilidad Urbana Sostible de Santiago de Compostela, coñecido habitualmente como PMUS. Elaborouse en 2010-2011 segundo deducimos do seu contido. Ao noso entender é moi moi mellorable e as poucas medidas que propoñía nin tan sequera expúxose levalas a cabo. Colgamos o documento para quen o queira descargar porque cremos que é unha referencia importante:

Continuar lendo

Reunión con el alcalde y los concelleiros de tráfico y urbanismo

Reunímonos co Ángel Currás Fernández, alcalde de Santiago de Compostela, María Pardo Valdés e Luis García Bello. A reunión durou unha hora. María Pardo Valdés, concelleira delegada dá Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible, con competencias en Licenzas e Disciplina Urbanística, Vivenda, Rehabilitación, Cidade Histórica, Sostibilidade (Expropiacións, Planeamento, Parques e Xardíns, Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, e elaboración de estudos, xestión e pregos dúas servizos básicos de Auga, Parques e Xardíns, Lixo, Alumeado e Abastecemento e Saneamento de Augas) , Sanidade, Patrimonio e Cemiterios.

Continuar lendo