Obradoiro

Obradoiro de bicis na Almáciga

O pasado mércores estivemos nun obradoiro organizado en colaboración co Centro Xove da Almáciga. Se es ciclista urbano, aventureiro de roteiros ou simplemente gozas de moverche sobre dúas rodas, seguro que nalgún momento enfrontáchesche a unha picada, unha cadea frouxa ou un freo que non responde como debería. Para que estes pequenos inconvenientes non deteñan os teus pedaleos, a Asociación Composcleta organizará talleres prácticos como este de reparación de bicicletas.

Continuar lendo

Bike Repair Café

O vindeiro sábado estaremos no Banco de Reciclaxe de Teo nunha xornada organizada en colaboración con Enxeñeiros sen Fronteiras. A partires das 10:30am, falarase do reciclado de ordenadores, software libre, gaming, etc. Nós, Composcleta, estaremos alí a partires das 12:00pm para falar de mantemento e reparación de bicicletas. O local encóntrase nunha casiña branca da rúa do Buxo, 5 da urbanización dos Tilos no Concello de Teo.

Continuar lendo

Obradoiro de bici urbana en Compostela

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia convidounos a dar un obradoiro práctico sobre o uso da bicicleta en Santiago de Compostela. Os temas principais foron: Mobilidade sostible e bicicleta no entorno urban Unha revisión do entorno urban. O exemplo da Rúa de S Pedro Mesa redonda: “A revisión dos modelos de mobilidade: propostas e realidades Eiqui podedes acceder á presentación de Faustino. Eeiquí tedes a entrevista publicada ao día seguinte na Voz de Galicia

Continuar lendo