Asociarse a nós
A Asociación Cívica Composcleta é una asociación sen ánimo de lucro, e para ser socia, cómpre que che sintas alineada cos nosos dous principáis fins:
- Promover a bicicleta como medio de transporte urbano.
- Realizar actividades promocionáis, divulgativas, formaticas, informativas e lúdicas sobre mobilidade sostible.
Actualmente somos ao redor dun centenar de persoas socias de Compostela e arredores. Temos socias que colaboran moi activamente en actividades de voluntariado pero tamén temos un perfil de persoa socia, que comparte as ideas da asociación, e que sinxelamente quere disfrutar dos servicios e beneficios de asociarse.
Ademáis, por asociarte a Composcleta formarás parte de ConBici, que é unha asociación de ámbito nacional moito maior. ConBici é a principal coordinadora de asociacións ciclistas en España, coa participación de 72 entidades en todo o país. Traballamos en colaboración para fomentar o uso da bicicleta como unha actividade habitual nos desprazamentos diarios. O noso enfoque céntrase en influír no ámbito político e levar a cabo campañas de sensibilización, co obxectivo de establecer un marco legal favorable que promova o aumento de ciclistas no noso país.
Por tanto, somos usuarias da bici como ti. Composcleta e ConBici contan cun gran capital humano de persoas que coñecemos as dificultades coas que nos atopamos a diario todas as persoas que imos en bicicleta. Queremos defender os nosos dereitos e axudar ofrecendo servizos útiles e en condicións que nos dean vantaxes.
Paga a pena asociarse?
Aquí deixámosche algunhas das vantaxes de ser persoa socias:
Estarás cuberta por un seguro de Responsabilidade Civil que ten subscrito Composcleta por medio de Conbici.
Coñecerás e compartirás experiencias e inquedanzas con outras persoas que empregan a bicicleta como medio de mobilidade sustentable na nosa cidade.
Participarás de actividades lúdicas que organicemos como; Saídas en bicicleta, Viaxes de Cicloturismo, Formacións…
Realizarás presión nas institucións locais na procura dunha cidade máis humana e sostible.
Recibirás asesoramiento por parte de unha comunidade amplísima de usarias da bicicleta (sobre todo para un uso de mobilidade urbana).
Estarás en contacto co resto de asociacións ciclistas galegas.
Canto custa?
Actualmente a nosa cota de socia será domiciliada nunha COTA ÚNICA ANUAL de 15€ por persoa, que como mencionamos, inclúe formar parte de Composcleta e ConBici así como de estar cubertos polo seguro de Responsabilidade Civil.
As actividades lúdicas realizadas ao longo do ano, serán abonadas adicionalmente e se se desexa participar, no momento de inscrición. Xeralmente gozarás dun prezo reducido nelas polo feito de ser persoa socia.
Que teño que facer agora para asociarme?
Para asociarte á Asociación Cívica Composcleta envíanos unha mensaxe a bicis@composcleta.org
cos seguientes datos:
- Teu nome e apelidos
- DNI ou Tarxeta de Residencia
- O teu número de teléfono.
Sinxelo, non? Agardámoste!