Comunicado da Asociación Cívica Composcleta sobre a vía peonil-ciclista Milladoiro - Santiago de Compostela
Mediante o seguinte comunicado, a Asociación Cívica Composcleta manifesta o seu apoio á execución dun carril bici ou ciclovía entre os núcleos urbanos do Milladoiro e Santiago de Compostela, e que está a levar a cabo a Axencia Galega de Infraestruturas ao abeiro das políticas europeas para promover a mobilidade sostible. Semella que se está desvirtuando este proxecto dende a loita política. Porén, a proposta partiu dunha dunha asociación cívica, cun enfoque medioambiental e social, e que despois foi desenvolta por persoas funcionarias técnicas da Axencia Galega de Infraestruturas.