Composcleta. A Nosa Asociación
Asociación Cívica Composcleta é unha asociación sen ánimo de lucro. Nace fai más de dez anos, no ano 2013, coas seguintes fins fundamentais:
- Promover a bicicleta como medio de transporte urbano.
- Realizar actividades promocionáis, divulgativas, formaticas, informativas e lúdicas sobre mobilidade sostible.
Actualmente somos ao redor dun centenar de persoas socias de Compostela e arredores e participamos de actividades dacordo cos nosos fins.
Somos ConBici
- ConBici reúne a 70 asociacións e colectivos de ciclistas de toda España.
- Practica, defende e promove o uso habitual da bicicleta como medio de transporte habitual E traballa para que se cre unha lexislación de mobilidade que protexa o dereito para circular en condicións de seguridade para todas as persoas, incluíndo peóns e ciclistas.
- Os colectivos ou grupos locais membros de ConBici, Composcleta por exemplo, implícámonos a fondo na nosa cidade en temas de ciclismo urbano (política, infraestruturas, promoción, etc)
- Temos grupos de traballo sobre lexislación, mobilidade, formación, saúde e cicloturismo.
- Desde 1996 organiza o Congreso Ibérico «A Bicicleta e a Cidade» xunto con Portugal, alternándose cada ano a localización entre ambos os países.
- Desde 1985 organiza bianualmente os Encontros de cicloturistas e ciclistas urbanos nalgunha zona de España ou Portugal.
- É membro do Comité Científico Técnico da Semana Europea da Movilidad (SEM)
- Participa no consello Superior de Tráfico no grupo de traballo Gt44, en representación do colectivo de ciclistas na vía pública.
- Crea e difunde información nacional e internacional sobre exemplos de política de fomento ao uso da bicicleta e á sustentabilidade.
- Reivindica o dereito e a idoneidade de combinar o uso da bicicleta co transporte publico.
- Defende o modelo europeo de cicloturismo, ou ciclismo de alforxas, polo seu alto beneficio ao benestar das persoas, a economía local e o medio ambiente.
- Reúne xente experta en diversos ámbitos (urbanismo, infraestruturas, economía, turismo, lexislación, saúde, educación etc.), conscientes da utilidade da bicicleta para aliviar os problemas de transporte, medio ambiente e saúde.