Educación

“A educación é esencial para promover a bicicleta como transporte urbano sostible. Aumenta a conciencia sobre beneficios ambientais e de saúde, mellora a seguridade viaria, promove hábitos saudables e supera estigmas. Ao empoderar ás persoas con coñecementos, foméntase unha mentalidade positiva cara á bicicleta, contribuíndo á sustentabilidade e á mellora da calidade de vida en contornas urbanas.”

Lexislación

“A promoción exitosa da bicicleta require cambios lexislativos significativos. Normativas que prioricen e beneficien á bicicleta sobre vehículos motorizados. Un marco legal sólido é esencial para desincentivar o uso excesivo do coche privado e fomentar unha mobilidade urbana máis sostible. Cambiar os regulamentos de tráfico actuais e obsoletos nesta cidade é unha das nosas maiores prioridades.”

Infraestruturas

“Promover novas infraestruturas e itinerarios é vital para que a mobilidade sostible multiplíquese nesta cidade. Non só son necesarios carrís bici, senón que require unha redefinición do uso do espazo público, que na actualizade está practicamente ocupado polos coches. Avogamos por pacificar as rúas, reducir as velocidades, restrinxir o tráfico, e só onde sexa necesario, promover carrís bici de calidade.”

Promoción

“A administración local debe promover o uso da bicicleta na nosa cidade e non penalizala ou obstaculizala. O cidadán debe sentirse apoiado polas administracións, sobre todo a local, cando utiliza a súa bicicleta. Promover iniciativas que fagan sentir á cidadanía que usar a bicicleta é un beneficio presente e futuro.”

Persoas Socias e Xunta Directiva

Actualmente somos ao redor dun centenar de persoas socias. Colaboramos voluntariamente nas asambleas e actividades que se desenvolven na Asociación Cívica Composcleta.

Pertence á nosa asociación e benefíciate de todas as súas vantaxes!

Estarás cuberta por un seguro de responsabilidade civil que ten subscrito Composcleta, coñecerás e compartirás experiencias, participarás nas nosas actividades e estarás en contacto co resto de persoas socias entre outras moitas cousas. Anímate!

Infórmate! E faite Persoa Socia!

As nosas últimas novas e actividades

Bike Repair Café

Por Helike o Outubro 3, 2024

O vindeiro sábado estaremos no Banco de Reciclaxe de Teo nunha xornada organizada en colaboración con Enxeñeiros sen Fronteiras. A partires das 10:30am, falarase do reciclado de ordenadores, software libre, gaming, etc. Nós, Composcleta, estaremos alí a partires das 12:00pm para falar de mantemento e reparación de bicicletas. O local encóntrase nunha casiña branca da rúa do Buxo, 5 da urbanización dos Tilos no Concello de Teo.

Continuar lendo

Bicifestación! Promoción, Intraestrutura e Ordenanza

Por Faustino o Setembro 16, 2024

Convocamos unha bicifestación para reivindicar a mobilidade sustentable convocados pola Asociación Cívica Composcleta. Para pedir o compromiso e a acción do políticos do Pazo de Raxoi en prol dunha mobilidade alternativa ao coche. Queremos reclamar especialmente a defensa dos usuarios máis vulnerables no espazo público: os que camiñan e os que pedalean. Esta cidade ten unha débeda histórica con eles porque o abafante supremacismo do tráfico motorizado que foi, durante moitos anos, a guía fundamental no deseño dos espazos de tránsito en Compostela.

Continuar lendo

Presentación do Libro as Bicicletas si son para Galicia

Por Helike o Decembro 12, 2023

O pasado martes 12 de decembro, desfrutamos da presentación do Libro “As bicicletas si son para Galicia” da Editorial Catro Ventros Deixamos a presentación que nos fixeron chegar a Compostela O noso recente lanzamento, «As bicicletas si son para Galicia», aborda o uso da bicicleta dende un punto de vista poliédrico: ecolóxico e ecoloxista (como alternativa aos vehículos contaminantes), de mobilidade sustentable (como elemento transformador da nosa relación coa contorna, non só nas cidades senón tamén no rural) e feminista (como ferramenta empoderadora).

Continuar lendo

Outono en bici. Un roteiro de dous días de cicloturismo por Portugal

Por Helike o Outubro 16, 2023

🍁 Outono en bici! Composcleta organizó unha viaxe cicloturista de 2 días con pernocta por Galicia e Portugal os pasados 14 e 15 de outubro. Percorrimos a cidade de Vigo, a Senda da auga, o Camiño De Santiago Portugués en sentido Sur, a Ecovía do Minho en Portugal, a senda xunto ao Miño polo Rosal e A Guarda, e finalmente o carril bici ata Vigo. Non usamos practicamente estradas con tráfico ou sen infraestrutura para bici, e o itinerario foi maioritariamente un roteiro moi seguro.

Continuar lendo

Sobre nós

Somos asociación membro de ConBici a nivel nacional e ademais, colaboramos con todas estas asociacións a nivel autonómico formando a Coordinadora Galega da Bicicleta.