Novas normas de circulación para as bicicletas a partir do 1 de outubro (RD 518/2026)

Por Composcleta Outubro 1, 2026

Novas normas de circulación a partir do 1 de outubro (RD 518/2026)

Temos boas novas para o colectivo ciclista 🥳🎉. Dende hoxe comezan as novas normas de circulación para as bicis 🚲 e os vehículos que circulan con elas 🚗🚐🚚🚌. Esta nova normativa indica que:

  • As bicicletas circularán en urbano preferiblemente polo centro do carril.
  • O vehículo que adiante a unha persoa en bicicleta debe deixar mínimo 1,5 metros.
  • O vehículo que adiante a unha persoa en bicicleta debe reducir a velocidade polo menos en 20 km/h baixo a máxima da vía interurbana.
  • O vehículo que adiante a unha persoa en bicicleta debe cambiar totalmente de carril se hai máis dun carril por sentido.
  • O vehículo que segue a unha persoa en bicicleta debe manter unha distancia de seguridade mínima de 5 metros.
  • O casco é obrigatorio sempre en vías interurbanas. En vías urbanas, obrigatorio para menores de 16 anos e actividades profesionais.

Toda a normativa no Real Decreto 518/2026: BOE-A-2026-13889


Resumo en imaxes

Polo centro
As bicicletas circularán en urbano preferiblemente polo centro do carril
Mínimo 1,5 m
O vehículo que adiante a unha persoa en bicicleta debe deixar mínimo 1,5 metros
20 km/h menos
O vehículo que adiante a unha persoa en bicicleta debe reducir a velocidade polo menos en 20 km/h baixo a máxima da vía interurbana
Cambiar de carril
O vehículo que adiante a unha persoa en bicicleta debe cambiar totalmente de carril se hai máis dun carril por sentido
Mínimo 5 m
O vehículo que segue a unha persoa en bicicleta debe manter unha distancia de seguridade mínima de 5 metros
Casco obrigatorio
O casco é obrigatorio sempre en vías interurbanas. En vías urbanas, obrigatorio para menores de 16 anos e actividades profesionais
Real Decreto 518/2026