Por Composcleta Setembro 12, 2026

O 23 de setembro ás 18:00 faremos unha pedalada 🚲 polos campus como parte das xornadas de #BenVidaUSC de @cultura_usc e en celebración da Semana Europea de Mobilidade.
Se non sabes cal é a mellor ruta para ir en bici á facultade, se nunca te atreviches a ir ou se simplemente queres pasar un bo rato pedaleando cxs compañeirxs… Apúntate ao encontro! Tes ata o día 20 e as prazas son limitadas 😬⏱️
Nela faremos un percorrido á cidade pasando polo campus sur, o campus norte e o campus histórico. Comezamos no Colexio Maior Fonseca e faremos 8 quilómetros nos que descubriremos cales son os mellores camiños para ir a clase. Podes levar a túa propia bici ou solicitar unha (hainas eléctricas 😉).
Esta pedalada está só aberta a estudantes da USC e socias de Composcleta.
- Se es estudante, inscríbete en https://aplicacions.usc.es/deportes/publica/actividad/ampliar.xhtml?idobjsel=3491
- Se es socia, avísanos e anotámosche.

