Por Composcleta Febreiro 3, 2026

- 🚲🔧 Bike Repair Café
- 🗓️ Cando? Martes, 10 de febreiro
- 🕔 Hora? 17:00 - 19:00 h
- 📍 Onde? Vestíbulo da Escola Técnica Superior de Enxeñería (Campus Sur)
🔊 Estamos moi contentxs de organizar a primeira actividade do ano!! E máis ao estar coa boa compañía de @esfgalicia. Organizamos con Enxeñería Sen Fronteiras un taller de reparación e mantemento de bicicletas.
Se a túa bici se estropeou, se queres aprender a cambiar rodas, a poñer parches, a axustar freos, a engraxar a cadea… ou se simplemente queres merendar mentres conversas sobre bicis con xente riquiña, non faltes o 10 de febreiro!

