Organizamos o XXI Congreso Ibérico «A Bicicleta e a Cidade»

Por Composcleta Mayo 1, 2025

Cartaz 21 Congreso Iberico

🚲💬 Orgullosas e orgullosos de acoller o XXI Congreso Ibérico «A Bicicleta e a Cidade»!

Este ano 2025, Santiago de Compostela convértese no epicentro da mobilidade ciclista! Un punto de encontro fundamental para seguir repensando as nosas cidades desde a bicicleta, o urbanismo humano e a mobilidade sostible.

Un espazo único para compartir experiencias, coñecer novas propostas, tecer redes co tecido ciclista de toda a Península Ibérica e avanzar xuntas cara a un modelo de mobilidade máis xusto e saudable.

  • 🗓️ Cando? Do 26 ao 29 de xuño de 2025
  • 📍 Onde? Santiago de Compostela
  • 👥 A quen vai dirixido? Ciclistas, activistas, persoal técnico, colectivo docente e a calquera persoa interesada na mobilidade sostible.

💡 Que atoparás?

  • 🎤 Mesas redondas e ponencias
  • 🛠️ Obradoiros prácticos e presentación de proxectos innovadores
  • 🚲 Rutas e actividades participativas sobre dúas rodas pola cidade

🔗 Toda a información e inscricións en: congresoiberico.conbici.org