Presentación do Libro as Bicicletas si son para Galicia

Por Helike Decembro 12, 2023

O pasado martes 12 de decembro, desfrutamos da presentación do Libro “As bicicletas si son para Galicia” da Editorial Catro Ventros

Deixamos a presentación que nos fixeron chegar a Compostela

O noso recente lanzamento, «As bicicletas si son para Galicia», aborda o uso da bicicleta dende un punto de vista poliédrico: ecolóxico e ecoloxista (como alternativa aos vehículos contaminantes), de mobilidade sustentable (como elemento transformador da nosa relación coa contorna, non só nas cidades senón tamén no rural) e feminista (como ferramenta apoderadora).

Emporiso, hai moito máis: entrevistas a colectivos e persoas ciclousuarias que usan a bicicleta en diversos contextos de Galicia, consellos prácticos e apuntes terminolóxicos con soporte ilustrado.

Desta volta, visitamos a nosa benquerida Libraría de Mulleres Lila de Lilith en Compostela, na compaña de Faustino Gómez, presidente dun deses colectivos: Composcleta, a asociación cívica compostelá que leva anos promovendo o uso da bicicleta na cidade.

Unha foto da presentación do libro As bicicletas si son para Galicia