Por Helike Setembro 17, 2023
Un ano máis, na semana do 11 ao 17 de setembro é a Semana Europea da Mobilidade 2023 (#sem2023 #mobilityWeek).
Nesta ocasión Composcleta participou co Concello na organización do día da #bici do pasado domingo 17 de setembro. Ademais dunha pedalada pola cidade, tivemos diferentes actividades na Alameda como charlas, exposicións ou actividades para os máis pequenos.
Contamos coa colaboración de Anxo Moure que organizou unha actividade para nenas e nenos. Unha xincana que montamos xunto ás casetas, exposición sobre a mobilidade activa e infraestruturas desenvolvidas para a bici na nosa cidade.
Tamén, pola tarde, tiñamos un par de charlas, onde compartir experiencias en bicicleta (mobilidade urbana, viaxes en bicicleta…) e debate sobre a mobilidade urbana no presente. Por desgracia e por motivos climáticos deixaremos para máis adiante estas actividades…
Grazas a todos por participar nesta festa da bicicleta que celebramos en Santiago de Compostela! Todos as actividades foron GRATUÍTAS. Ademais, pola inscrición tiveron un agasallo e algún afortunado grañou o sorteo da bicicleta.
Por último, pero non por elo menos importante, nesta SEM 2023, tamén tivemos a ocasión de celebrar o noso 10º aniversario de Composcleta! Por moitos anos máis traballando pola mobilidade sostieble!
Agardámosvos na próxima SEM no 2024. Forza e pedal!