Por Composcleta Xuño 7, 2016

1º-Deixar un só carril de coches de baixada (podería ser de subida). Do mesmo ancho, e a partir do seto existente. (ou deixando a beirarrúa da dereita, baixando tal e como está)
2º- Ampliar a beirarrúa esquerda (baixando) ata 2m mínimo. Desaparece a outra beirarrúa.
3º-Engadir un carril bici, a compartir cos peóns, de 1m mínimo,en sentido de subida, ao lado da beirarrúa e ao mesmo nivel que esta.
Porqué?
- Mellora da seguridade vial e da humanización urbana
- Reducción de conflictos provocados polo tráfico no entronque da rúa de San Francisco
- Suporá dispor dunha beirarrúa de uso compartido peonil-bici de 3 m que fará moito mais agradable pasear por esta rúa.
- Económica: en tanto se pode realizar en 2 fases, na primeira só se empregaría pintura, e algúns cono anclados, para limitar o vial dos vehículos.
Situación Actual
Dende a Asociación Composcleta detectamos problemas de diseño no tráfico na Costa de San Francisco que afectan seriamente á seguridade vial e imposibilitan un desplazamento a pé tranquilo que merece calquera persoa que se desplaza polo casco histórico.
Os principais defectos deste deseño ineficiente e perigoso son:
A beirarrúa da dereita (baixando) é moi estreita, inviable para carros de bebé ou pais con nenos, e compartida con un seto.
A beirarrúa da dereita (baixando) no leva a ningures, inviable para carros de bebé ou pais con nenos.
A vía non ten ancho suficiente para que se crucen dous coches con seguridade para eles e para os peóns.
A beirarrúa da esquerda (baixando), ten só 90 centímetros de ancho e os coches pasan rozando aos peóns.




